Mércao xa! E non teño máis que dicir. Non, de verdade, se só pensas
gastar 30 euros este ano en libros de Chaosium, creo que deberían de ser neste
libro (aínda que o House of R’lyeh semella
moi interesante…). Veña, poñámonos serios e vexamos porque penso que este libro
é tan boa.
Primeiro de todo deberiades de saber un
par de cousas sobre min. Encántame a Inglaterra Vitoriana, penso que foi un
período fascinante da historia, o meu libro de Historia favorito é Dreadnought, de Robert K. Maisse (vale
que tampouco lin tantos) e Sherlock Colmes é o heroe da miña infancia. Se a iso
sumámoslle que nunca se editou este libro en castelán (aínda que Factoría
publicou no seu día o Oscuros Designios,
cousa que non entendo moi ben) podedes entender porque estaba tan emocionado o
día que vin que Chaosium ía reeditar este libro.
Como non teño ningunha das dúas edicións
anteriores, non podo comparalas con esta nova, pero polo que teño lido
reescribiron o suficiente como para ser atractivo para alguén que xa ten
algunha das edicións vellas. Visualmente creo que é un libro moi bo, (outra
vez, tedes unha boa colección de fotos en Aventuras en la Marca del Este),
probando que é posible publicar un bo libro en branco e negro nestes tempos que
semella que todo debe de ir en cor (outra cuestión é ser por 30 euros o libro
debería de ir en cor). As ilustracións son normalmente moi boas, con
independencia de se copian o estilo da época ou non, as marcas de auga son
atractivas pero non impiden a lectura do texto que estar por riba delas e os
títulos están presentados de xeito moi atractivo (nada que ver cos de Atomic-Age Cthulhu). Pero se quixeramos
só un libro bonito mercariamos outra cousa así que, que ten Chtulhu by Gaslight?
A Parte
I: Personaxes Vitorianos (23 páxinas) ensínanos como crear investigadores
da época. Inclúe profesións, habilidades, armas e outros tipos de equipamento,
así como un vocabulario propio das falas da época. Tamén inclúe unha lista de
trazos que lle podemos dar aos nosos investigadores para darlles algo máis de
sabor, pero para min o mellor desta sección e como afecta a clase social á
interacción entre PX e PNX, polo que pensádeo dúas veces antes de facervos un
sindicalista marxista ;)
A Parte
II: El mundo vitoriano (48 páxinas) inunda ao lector con moita información
interesante é útil sobre a Inglaterra da década de 1890: O imperio, o exército,
Londres...A min gustáronme especialmente as pequenas biografías de personaxes
da época, como Conan Doyle, Chamberlain, ou Wilde; pero tamén hai seccións
sobre o transporte, os medios de comunicación, o crime, o goberno británico
(moi útil para os que non somos de por alí), clubs (de cabaleiros [e de damas])
. É una sección excelente, unha auténtica “Breve guía para a vida victoriana”
que lles vai permitir tanto a xogadores como a Gardiáns levar aventuras con
claro ambiente vitoriano sen ter que pasar horas procurando información.
A Parte
III: A Gran Bretaña Oculta (36 páxinas) comeza explicando varais das
organizacións ocultistas da época: A Sociedade Teosófica, os Masóns, O Amencer
Dourado, os Espiritualistas, e a Sociedade para a Investigación, Psíquica. Logo
de ler isto un queda coa idea que o ocultismo non estaba para nada oculto na
época (perdoade polo mal xogo de palabras) e se querías ser alguén, tiñas que
ser membro dunha destas sociedades (moitas dos personaxes que aparecen no
capítulo anterior foron membros dunha ou outra organización). Sempre se poden
empregar estas sociedades como fontes de información, o como un grupo de apoio
en caso de que os investigadores pertenzan a elas. A sección continúa con unha
guía de lugares encantados ou malditos das Illas Británicas, pero as
descricións son ao meu ver moi breves como para podelas empregar de contado,
claro que son do grupo dos Gardiáns vagos. Hai tamén unhas poucas páxinas sobre
as entidades dos mitos que habitan na Gran Bretaña, un compendio de PNX
xenéricos e algunhas ideas sobre como levar unha aventura na época vitoriana.
Para min unha das mellores partes deste capítulo, ademais do das sociedades
ocultistas que xa mencionei, son biografías de personaxes ficticios da época,
de Sherlock Holmes aos marcianos de A
Guerra dos Mundos. Seguro que non lle gusta a todo o mundo, xa que pode
acabar facendo partidas moi pulp (pódese dicir pulp para falar da era
vitoriana?) pero tamén pode dar lugar a historias fascinantes na liña de League of Extraordinary Gentlemen.
La Parte
IV: Aventuras baixo luz del gas
(49 páxinas) ofrécenos dous escenarios: The
Night of the Jackals (A Noite dos Chacais) e The Burnt Man (O queimado).
Para min os dous son moi bos, tendo lugar en dous ambientes tipicamente
vitorianos moi distintos. Sen afondar moito nelas (por aquilo dos
spoilers), a primeira é a típica
investigación no bretemoso Londres, con veteranos da campaña de Sudán que non
foron tan honorábeis como deberían, mentres que a segunda ten lugar nun pazo en
Dartmoor (a mesma área remota na que ten lugar O can dos Baskerville), maldición incluída.
O libro remata con un apéndice moi
interesante con películas e libros recomendados, entre os que se inclúe un
pouco de todo: ficción e non ficción, mitos e non mitos, literatura da época e
cousas modernas...Pecha esta sección as indispensábeis axudas de xogo para as
dúas aventuras.
En resumo, un suplemento excelente que non
debería de faltar nin no máis pequeno dos estantes de La Llamada de Cthulhu. Estou seguro de que non hai que ter este
libro para poder levar unha boa aventura vitoriana, pero tamén penso que aínda
que non penses en dirixir unha aventura así nun futuro próximo, é unha boa lectura.
Penso que de momento non é dos que máis sona para que sexa editado en castelán,
pero eu recomendaríallo a Edge encarecidamente ( e si, son dos que tamén quere Tatters of the King…).
Chaosium
$28.95 (capa branda)/ $18.12 pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario